Mogor inaugura cunha visita nocturna o Centro de Interpretación dos seus petróglifos
Por Redacción
Catro anos despois de terse construído, por fin os veciños de Marín poden gozar co Centro de Interpretación dos petróglifos de Mogor, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de todo o noroeste peninsular.
Segundo informa o Concello de Marín, as instalacións abriron as súas portas esta semana cun éxito de visitas.
Os primeiros en visitalo foron os veciños da Barriada de Mogor, que protagonizaron unha ruta nocturna por todo este ámbito. Durante máis dunha hora explicáronse aspectos destes gravados rupestres, como a súa historia, a súa evolución e as investigacións feitas sobre los petroglifos.
A empresa que xestiona a súa apertura ten a disposición dos visitantes o centro de martes a domingo de 11.00 a 13.00 horas pola mañá e de 18.00 a 21.00 horas pola tarde. A entrada é gratuíta.
A idea dos seus xestores é facer, ademais das visitas de día, un recorrido nocturno os venres pola noite se hai grupos interesados.
A apertura de manera continua será só no verán, ata o 30 de setembro. A partir de aí e ata decembro só abrirá para grupos, baixo cita previa.
Relacionadas:
-
Satisfacción municipal polo número de visitantes aos petróglifos de Mogor
Por Redacción |
-
Amplían a setembro as actividades nocturnas nos petróglifos de Mogor
Por Redacción |
-
A Xunta concede a Terras de Pontevedra unha axuda para a comercialización do produto turístico "Arte rupestre"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Os xacementos arqueolóxicos chegan aos móbiles
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Pintan con spray azul os petróglifos da Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
Últimos trámites para a apertura do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor
Por Diego Espiño |