O PP ve "casi imposible" que se poida executar o saneamento do Gafos pola "pasividad" do Concello
Por Redacción
O proxecto para completar o saneamento do río Gafos corre o risco de perder os fondos destinados á súa financiación -1.126.000 euros- pola "falta de gestión" e a "pasividad" do goberno municipal. Así o denunciou nunha rolda de prensa celebrada este mércores o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira.
Moreira recordou que esta actuación formaba parte dun convenio asinado en abril de 2010 e que incluía nove proxectos, oito deles xa executados.
"Desde un primer momento, este fue el proyecto que más problemas presentó", recordou o concelleiro popular. O pasado mes de febreiro, dixo, despois de prolongar durante catro anos o convenio "para mantener los fondos europeos", e tras varios requirimentos, a Xunta de Galicia remitiu unha carta ao Concello de Pontevedra na que reiteraba de novo a solicitude dunha serie de documentos necesarios para poder levar a cabo as actuacións no río dos Gafos.
Entre eles, Augas de Galicia solicitaba un certificado de acordo do pleno da Xunta de Goberno no que se aprobe o proxecto, que o Concello asuma o compromiso de facerse cargo da explotación, mantemento e conservacións das obras, ademais de entregar os terreos necesarios para a súa execución e que se someta o proxecto a información pública.
Segundo o PP, non foi ata o pasado 13 de xullo cando o Concello cumpriu con algúns destes requirimentos, "pero sigue sin certificar la disponibilidad de todos los terreos para acometer la obra".
Ante esta situación, dende o grupo municipal do Partido Popular alertan que "corremos el riesgo" de perder o millón de euros asignados dos Fondos Europeos para o saneamento do Gafos. Moreira asegura que o acordo contempla unha serie de trámites administrativos -entre eles a licitación e o pagamento da obra- que deben estar resoltos antes do 31 de decembro e considera que nos meses que restan de ano "resulta casi imposible que se puedan cumplir".
Relacionadas:
-
O Concello seguirá adiante co proxecto para sanear o Gafos que paralizou a Xunta
Por Natalia Puga |
-
O Gafos, sen saneamento: a Xunta dá marcha atrás ante o "reiterado incumprimento" do Concello
Por Redacción |
-
Tratan de desbloquear o saneamento dos Gafos e a ampliación do polígono do Vao
Por Redacción |