Os veciños do Monte do Taco agardan por novas melloras no barrio
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado dos concelleiros delegados de participación urbana: Carmen Fouces, Alberto Oubiña e Luís Bará visitaron este mércores as obras de mellora ambiental e urbana que o Concello realizou nestes meses no pequeno barrio do Monte do Taco, na parte alta da Confraría de Pescadores de Pontevedra.
Trátase dun proxecto consensuado cos veciños e que tivo un investimento de 60.000 euros para mellorar a calidade deste espazo de casas unifamiliares -a maior parte- e que está foi dirixido pola concelleira delegada da zona oeste da cidade, Carmen Fouces.
O proxecto consistiu nunha actuación integral en todas as zonas verdes do barrio, incluídos os noiros do que foi a vella canteira de Pontevedra, que teñen certa complexidade polo sinuoso do terreo pero que quedaron como espazos "coquetos", xa que se tivo en conta a luminosidade da praza e das rúas, así como o colorido das plantas ou incluso o seu olor dado que se fixeron plantacións de especies aromáticas.
Tamén se rematou un traballo de recollida e canalización de augas pluviais que non tiñan saída na rúa Monte do Taco, e que agora se canalizarán cara o río Gafos, o que permitirá retirar as humidades das viviendas da parte máis baixa do barrio.
Aproveitando eliminouse o maior número de barreiras arquitectónicas, así como adecentando as escaleiras que dan acceso á parte máis alta do Monte do Taco.
Esta primeira parte concluíu coa ordenación do estacionamento da plaza para evitar problemas aos veciños que en moitas ocasións tiñan dificultades para acceder ás súas propias vivendas.
Unha segunda actuación realizarase na parte baixa do barrio, fronte ao edificio da Confraría de Pescadores, onde está previsto reordenar o uso dos espazos. O Concello farase cargo do mantemento dos xardíns que existen na actualidade diante das casas, e que están sendo atendidos polos veciños (dun xeito desigual). Ademais, será preciso crear beirarrúas nesta marxe da rúa, así como facer unha nova pavimentación dado que o asfalto está en mal estado nalgúns tramos.