Telmo Martín oponse ao uso da Praza do Mar como aparcadoiro porque "imos saturar isto de coches"
Por Redacción
A decisión de habilitar un aparcadoiro con capacidade para 200 vehículos na Praza do Mar, a partir da próxima Semana Santa, foi duramente criticada este venres polo voceiro do Partido Popular de Sanxenxo, Telmo Martín.
Entende o responsable popular que "o porto deportivo é un espazo para desfrute das persoas", polo que "non se deben de meter aí máis coches".
Martín explica que, na súa etapa de alcalde, cando se construíu o aparcadoiro subterráneo era factible dotalo de máis prazas, pero non se fixo "porque os técnicos desaconsellaban" esa opción: "para vir á zona portuaria só podemos entrar pola avenida de Madrid, imos saturar isto de coches e é unha molestia importante", asegurou o voceiro do PP, que aposta por "alongar Sanxenxo" e habilitar zonas de aparcadoiro noutras zonas do municipio.
Telmo Martín alertou tamén ante os medios de comunicación do "perigosa que é a zona de carga" e descarga instalada na Praza do Mar, en lugar da que existía na Praza dos Barcos, ao entender que "hai nenos xogando ao mesmo tempo que os camións. O que hai que facer é regular ás zonas de carga e descarga e poñer uns horarios".
Por último o responsable popular mostrouse partidario de actuar no porto de Portonovo para crear alí unha nova zona de estacionamento de vehículos e tamén "unha gran praza" pública.
Relacionadas:
-
Sanxenxo pide a Portos que paralice o proxecto do dique de abrigo en Portonovo
Por Redacción |
-
Telmo Martín dará ao goberno de Sanxenxo un "período de graza" ata despois do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
O PP levará ao pleno de Sanxenxo o regulamento orgánico e a carga e descarga na Praza do Mar
Por Redacción |
-
A primeira hora de aparcamento no porto de Sanxenxo volve ser gratuíta
Por Redacción |
-
O aparcadoiro de Nauta incrementou en xullo a súa recadación respecto ao ano pasado
Por Redacción |
-
O aparcadoiro proxectado na Praza do Mar é para o goberno de Sanxenxo "unha medida provisional e necesaria"
Por Redacción |
-
Adeus aos camións de repartición na Praza dos Barcos
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilitará como aparcadoiro público a Praza do Mar
Por Redacción |