O aparcadoiro proxectado na Praza do Mar é para o goberno de Sanxenxo "unha medida provisional e necesaria"
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo saíu ao paso das críticas do voceiro do PP, Telmo Martín, a propósito do proxecto para habilitar 200 prazas de aparcadoiro na Praza do Mar.
Segundo o Concello, trátase dunha medida "provisional" que busca dar solución aos momentos puntuais nos que o aparcadoiro subterráneo se encontra completo.
O grupo de goberno cuatripartito encabezado por Gonzalo Pita reprocha ao responsable popular que suxira aparcadoiros disuasorios "cando non se molestou en regular o seu uso e explotación" nos anos nos que se mantiveron no gpbierno.
"A diferenza entre este Goberno e o Partido Popular está en que nós tratamos de buscar solucións cos medios que xa temos sen gastar en macroproxectos que despois sexan insostibles", declararon dende o Concello.
En canto ao cambio de situación da zona para carga e descarga, trasladada á Praza do Mar dende a Praza dos Barcos, o goberno municipal mantén a súa aposta "como unha medida que vela pola seguridade viaria na zona portuaria".
Relacionadas:
-
O PP levará ao pleno de Sanxenxo o regulamento orgánico e a carga e descarga na Praza do Mar
Por Redacción |
-
O aparcadoiro de Nauta incrementou en xullo a súa recadación respecto ao ano pasado
Por Redacción |
-
Telmo Martín oponse ao uso da Praza do Mar como aparcadoiro porque "imos saturar isto de coches"
Por Redacción |
-
Adeus aos camións de repartición na Praza dos Barcos
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilitará como aparcadoiro público a Praza do Mar
Por Redacción |