Un condutor borracho golpea co seu vehículo a cinco coches aparcados en Corbaceiras
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra denunciou un condutor borracho que golpeou co seu vehículo a outros cinco coches correctamente aparcados na Avenida de Corbaceiras.
Segundo informan fontes oficiais da Xefatura local, este incidente aconteceu este luns ás seis da madrugada.
Segundo os axentes municipais, esta persoa conducía un turismo pola Avenida de Corbaceiras cando se saíu da vía colisionar contra cinco vehículos que estaban estacionados.
O home deu positivo na proba preventiva de alcoholemia que lle practicaron os mesmos axentes botando un resultado de 0,67 miligramos por litro en sangue, polo que os axentes instruíron as oportunas dilixencias que remitiron ao xulgado de garda.
Ao superarse os 0,60 está considerado delito contra a seguridade vial por alcoholemia, motivo polo cal esta persoa foi conducida ás dependencias da comisaría municipal.
CAMPAÑA DXT
A Policía Local de Pontevedra sumouse este luns á campaña que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) despregou ata o 16 de agosto para controlar a presenza de alcohol e drogas en condutores.
Os axentes municipais están a despregar controis en distintos puntos da cidade.
Xa durante a pasada fin de semana se realizaron varios controis e houbo catro denuncias administrativas, tres xudiciais e dúas por condución baixo efectos de drogas.