Deputación e Concello negocian unha solución á falta de seguridade dos peóns entre Portonovo e A Vichona
Por Redacción
Os problemas de seguridade viaria na estrada EP-9206, que une as localidades de Portonovo e A Vichona, en Sanxenxo, parecen ter os días contados.
Por esa vía transitan a miúdo peóns obrigados a camiñar pola calzada ao aparcar os coches na beiravía e non exitir beirarrúas.
Precisamente a construción de beirarrúas é a medida urxente que defende o goberno local de Sanxenxo, pero a Deputación, titular da estrada, comprometeuse a estudar unha actuación "máis ambiciosa atendendo tamén aos criterios de accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria".
Así llo trasladou a administración provincial ao Concello nunha visita á zona do deputado Uxío Benítez e o director técnico de infraestruturas, Manuel González, xunto aos concelleiros Vanessa Rodríguez, Maxi González e Daniel Fernández.
O ideal, segundo explicou un dos asesores da Deputación, Jesús Fole, sería que non só se actuase nesta estrada provincial, senón crear un itinerario peonil co resto das vias municipais.
Mentres estes plans non frutifican, a concellaría de Seguridade Viaria de Sanxenxo procedeu a pintar de amarelo un dos laterais do vial e a limitalo con conos para disuadir os condutores de utilizalo para aparcadoiro.
Relacionadas:
-
Sanxenxo traslada á Xunta a petición de mellora de seguridade viaria nas Salinas, O Vinquiño e A Vichona
Por Redacción |
-
A Deputación e o concello de Sanxenxo buscarán unha solución conxunta para a estrada entre Portonovo e a Vichona
Por Redacción |
-
Sanxenxo pide axuda á Deputación ante o "grave problema de inseguridade vial" entre Portonovo e A Vichona
Por Redacción |