Perfecto Rodríguez acusa ao alcalde de "mentir e enganar aos veciños" co crematorio da Reigosa
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, cre que o actual alcalde, Andrés Díaz e o goberno tripartito están "mentindo e enganando aos veciños no asunto do crematorio da Reigosa".
Entende Rodríguez que o fan "para intentar xustificarse ante o seu electorado porque o crematorio é unha actuacion totalmente legal e non van poder retiralo como prometeron".
Estas declaracións chegan tras anunciar o alcalde unha inspección exhaustiva da instalación, algo que para o ex-rexedor "non é mais que leria barata para xustificarse ante os seus votantes, porque se trata do trámite normal que teñen que facer os técnicos do Concello con calquera licenza".
Ademais Perfecto Rodríguez cualifica de "falso" que Xestur vaia a modificar a normativa para evitar instalacións similares no polígono industrial e alude ás manifestacións anticrematorio realizadas antes das eleccións, preguntándose si volveranse a realizar "cando este novo goberno conceda esa licenza", ao que el mesmo respóndese explicando que "imaxino que non porque o obxectivo era botarme a min da alcaldía".
Relacionadas:
-
Andrés Díaz promete na Reigosa pechar cautelarmente o crematorio se detecta irregularidades ambientais
Por Redacción |
-
O exalcalde Perfecto Rodríguez pregunta: "onde están agora os das pancartas contra o crematorio?"
Por Oskar Viéitez |
-
A Reigosa xa conta con crematorio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O concello de Ponte Caldelas levará a cabo inspeccións exhaustivas no crematorio da Reigosa
Por Redacción |