Andrés Díaz promete na Reigosa pechar cautelarmente o crematorio se detecta irregularidades ambientais
Por Redacción
Os veciños que asistiron á reunión na Casa do Pobo da Reigosa co equipo de goberno de Ponte Caldelas nas últimas horas mostraron o seu malestar pola apertura do crematorio, segundo informan desde o Concello.
Por este motivo, o alcalde Andrés Díaz manifestou que se manterá moi atento co crematorio, pendente das inspeccións ambientais e de todo tipo para que, no caso de que se produza unha incidencia, proceder ao peche cautelar das instalacións. Díaz recoñece que, desde o punto de vista legal, o anterior alcalde Perfecto Rodríguez "deixouno todo atado e ben atado para que fora moi difícil reverter a situación", pero engadiu que o equipo de goberno atópase alerta ante o resultado do proceso xudicial aberto a ráiz da denuncia da Comunidade de Montes da Reigosa.
Díaz engadiu que xestionaron ante Xestur unha delimitación cunha franxa de protección para evitar que se sitúen este tipo de intalaciones preto das vivendas. Ademais, destacou a urxencia "inusual" coa que se construíu o crematorio derivado, segundo dixo, de que el anunciara que se chegaba a alcalde anularía a licenza. "Cando chegamos, o volume construído era tal que resultaba unha hipoteca inasumible para o Concello", apuntou o alcalde que engadiu "de tódolos xeitos nin vós nin nós arroxámos a toalla e este tema aínda non rematou".
EDAR
Os veciños tamén mostraron as súas queixas pola construción da depuradora da Reigosa (EDAR) que, segundo indicaron, foi apropiándose da auga sen permiso nin consulta cos residentes na zona. Segundo sinalaron o consumo que precisa unha instalación destas características pode poñer en risco o propio abastecemento de auga ás casas, sobre todo no verán.
Díaz recoñeceu que os trámites están moi avanzados por parte da Xunta e que tentaría canalizar a situación a tenor das queixas veciñais.
Os residentes na zona tamén mostraron o seu malestar polo abandono en que Xestur mantén varias parcelas do polígono da Reigosa co perigo de incendio que pode levar.
Relacionadas:
-
O PP de Ponte Caldelas pide a dimisión do alcalde ante a sentenza que desestima o recurso contra o crematorio
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas conxelará taxas e impostos
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez insiste en que o crematorio conta con licencia legal e que o alcalde engana os veciños
Por Redacción |
-
A Reigosa xa conta con crematorio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Perfecto Rodríguez acusa ao alcalde de "mentir e enganar aos veciños" co crematorio da Reigosa
Por Redacción |
-
O concello de Ponte Caldelas levará a cabo inspeccións exhaustivas no crematorio da Reigosa
Por Redacción |