Marín celebra o 25 aniversario da Festa de San Migheleiro
Por Redacción
A Festa de San Migheleiro cumpre 25 anos consecutivos de celebración. Como xa é tradición, este sábado 26, último de setembro, desenvolverase este evento no que se xuntan diferentes grupos para realizar rutas polos bares e locais de lecer.
O Concello achegará actividades para dinamizar esta festa co acompañamento de dúas charangas que acompañarán ás penas, parando nos locais que participan.
Os locais poderán organizar animacións, levar as barras á rúa ou poñer música nas terrazas. Esta celebración contará tamén con dúas actuacións musicais. Na Alameda de Marín actuará Fase Rem e no Parque Eguren será o grupo Novedades Carminha quen subirá ao escenario.
Desde o Concello animan á hostalería para comunicar as actividades que se van a realizar para incluílas na ruta e organizar un ambiente festivo e participativo para todos os veciños.
Relacionadas:
-
Marín celebra un San Migheleiro multitudinario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O xersei a raias ponse de moda en Marín
Por Diego Torrado |
-
A Danza de Espadas, principal atractivo dunha nova edición das Festas de San Miguel
Por Redacción |
-
O San Migheleiro cumpre 25 anos
Por Redacción |
-
San Migheleiro enche de cor as rúas e bares marinenses
Por Redacción & Diego Torrado |