Telmo Martín reclama ao catripartito xestionar o parque empresarial de Nantes
Por Redacción
Telmo Martín, exalcalde de Sanxenxo e actual portavoz municipal do PP, expresou este venres o seu desexo de xestionar o parque empresarial de Nantes. Así o transmitiu nunha rolda de prensa na que solicitou ao goberno cuadripartito que deleguen no Partido Popular as competencias sobre este proxecto, prometendo "resultados rápidos e concretos".
Contestaba así as críticas realizadas polo alcalde, Gonzalo Pita, nas que convidaba a Telmo Martín á mesa de traballo creada para desbloquear este parque industrial e suxeríalle que utilizase os seus contactos e o seu cargo como deputado no Congreso para contribuír á promoción do polígono e que, se aposta por el, que situase alí as súas empresas.
"Cando un goberna, cando un é o alcalde, debe afrontar os problemas directamente e non esconderse detrás de mesas de traballo para marear a perdiz. Se o señor Pita quere resultados rápidos e concretos, solicítolle publicamente que delegue en nós as competencias da xestión do parque empresarial durante tres meses e así os propietarios e os veciños poderán comprobar do que é capaz o Partido Popular", dixo Telmo Martín.
O portavoz popular afirmou que se transcorrido ese prazo non son capaces de dar o impulso definitivo ao parque empresarial, "entón poderán calarnos".
En todo caso, Telmo Martín afirmou que se o que quere o alcalde é "diluír as súas responsabilidades e buscar coartadas á súa ineficacia" non contará co respaldo do Partido Popular. "Xa tiveron a oportunidade de cogobernar connosco e rexeitárona. Agora a eles tócalles xestionar e a nós fiscalizar a súa xestión", concluíu.
Relacionadas:
-
Gonzalo Pita culpa o PP das trabas ao polígono de Nantes
Por Oskar Viéitez |
-
Augas de Galicia no aprueba conectar o saneamento do polígono industrial de Nantes coa EDAR de Meaño
Por Redacción |
-
Sanxenxo arromba os terreos do seu polígono industrial para evitar o seu deterioramento
Por Redacción |
-
Telmo Martín dará ao goberno de Sanxenxo un "período de graza" ata despois do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Sanxenxo lembra a Telmo Martín que o PP tivo 8 anos para xestionar o polígono
Por Redacción |
-
O alcalde de Sanxenxo invita a Telmo Martín a instalar as súas empresas no polígono industrial de Nantes
Por Redacción |
-
Máis de 178.000 euros para repoñer material eléctrico estragado polos vándalos no Parque empresarial de Nantes
Por Redacción |