O PSOE pide "coherencia" a Bará e que se reúna cos veciños de Moldes para falar dos lombos
Por Redacción
O grupo municipal do PSdeG-PSOE en Pontevedra pide ao concelleiro de Mobilidade, Luis Bará, que teña "coherencia" e se reúna cos veciños de Moldes, en Mourente, para falar do proxecto do concello para instalar lombos na estrada de acceso ao Hospital Montecelo. Faino despois de que este martes o edil recoñecese que, a diferencia do feito nos Campos e no colexio de Monte Porreiro, non ten previsto celebrar ningunha xuntanza cos veciños para falar deste asunto.
Segundo informou o PSOE, Bará recoñeceuno durante a comisión informativa de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos e o seu anuncio "bota por terra o compromiso anunciado días atrás por Bará" de celebrar xuntanzas veciñais nos puntos de Pontevedra onde o Pleno acordou revisar a presenza e tipoloxía dos lombos existentes.
Os socialistas recordan que os veciños de Moldes son "os que con máis forza se opuxeron" á presenza destes pasos elevados na súa zona e o seu voceiro, Agustín Fernández, valora que "Lores e Bará fan boa aquela frase de Groucho Marx, estes son os meus principios, pero se non lle gustan teño outros. Teñen un compromiso inquebrantable con escoitar aos veciños, salvo cando saben que lles van tirar das orellas, que entón o criterio é ignorar aos cidadáns e facer o que ao BNG lle dea a gana".
Segundo os socialistas, o criterio aducido polo goberno municipal para que no caso de Montecelo a opinión dos veciños non sexa escoitada á hora de construír ou non novos lombos é que esta é unha zona á que acoden cidadáns de toda a provincia e non poden os que viven no lugar decidir por todos eles.
A Agustín Fernández parécelle que este argumento, de ser válido para este caso, resulta "sorprendente" que non o sexa para as vías sanitarias propostas polo Pleno Municipal, polas que tamén discorren ambulancias con feridos e doentes procedentes de toda a comarca e mesmo do resto da provincia.
Relacionadas:
-
Decepción no PSdeG-PSOE pola normativa 'anti-lombos' presentada polo PP
Por Alejandro Espiño |
-
O PP quere "cortar la sangría" de lombos regulándoos segundo a normativa de Fomento
Por Oskar Viéitez |
-
En Os Campos din 'si' aos lombos
Por Alejandro Espiño |
-
Luís Bará non quere que a súa reunión cos veciños de Monte Porreiro se converta noutro pleno
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG, disposto a preguntar barrio por barrio se os veciños queren retirar os lombos
Por Redacción |
-
O PP elaborará unha ordenanza que regule as características dos lombos
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Veciños e técnicos sanitarios plantan cara á febre dos 'lombos'
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |