O PP quere "cortar la sangría" de lombos regulándoos segundo a normativa de Fomento
Por Oskar Viéitez
Finalmente non será un novo regulamento, senón un simple artigo o que o Partido Popular incorporará a unha ordenanza xa existente, do ano 1989, coa que "tratará de poner orden y fin al caos existente" respecto dos lombos.
Segundo o portavoz do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, este novo artigo esixe que todos os novos elementos de acougado do tráfico que se constrúan no municipio terán que suxeitarse á normativa do Ministerio de Fomento, que establece que os lombos terán que ter unha altura máxima de 10 centímetros, unha rampla de acometida dun metro e unha lonxitude máxima 4 metros.
Aínda que os populares non acordaron esta iniciativa co resto do grupos da corporación municipal esperan que o resto de formacións políticas da oposición apoien "unánimemente" esta medida.
Se chega a ser aprobada a incorporación deste artigo na ordenanza, o goberno local podería construír igualmente os lombos previstos en zonas como Montecelo, tal e como recoñeceron os populares.
Respecto dos "más de 300 lombos" que xa existen no municipio, Jacobo Moreira explicou que "rehacerlos costaría mucho dinero" polo que apuntou que "no queremos quitar todos los lombos, pero hay que poner una norma para que todos sean iguales y corta esta sangría".
Relacionadas:
-
Decepción no PSdeG-PSOE pola normativa 'anti-lombos' presentada polo PP
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE pide "coherencia" a Bará e que se reúna cos veciños de Moldes para falar dos lombos
Por Redacción |
-
En Os Campos din 'si' aos lombos
Por Alejandro Espiño |
-
O PP aclara que "estamos a favor" dos lombos, incluso en vías sanitarias, se son "legales"
Por Alejandro Espiño |