Fomento non esperará polo fallo da Audiencia Nacional e reitera que a A-57 "se podrá iniciar este mes de octubre"
Por Diego Espiño
As obras de construción da Autovía A-57 "se podrán iniciar este mes de octubre". Así o mantén a ministra de Fomento pese ao recurso contencioso-administrativo presentado por Salvemos A Fracha que pide a suspensión cautelar dos traballos.
Fomento mantén a data de inicio e non esperará á resolución da Audiencia Nacional ao respecto, tribunal que debe fallar sobre un recurso presentado polo colectivo ante os que entenden como presuntas irregularidades na tramitación do primeiro tramo da autovía.
Os traballos comezarán pois cando conclúa a fase de expropiacións "que según me dicen los técnicos están terminando", explicou a ministra expresando "toda la sensibilidad hacia los vecinos y toda la sensibilidad a los temas medio ambientales".
"Esta infraestructura tiene una declaración medio ambiental y se está haciendo con un respeto escrupuloso", defendeu á vez que argumentaba, unha vez máis, que "Pontevedra es la única capital de provincia de toda España, la única, que no tiene circunvalación, por lo que es una obra muy importante".
Relacionadas:
-
A autovía A-57 é unha cuestión de "justicia social"
Por Oskar Viéitez |
-
'Salvemos a Fracha' leva a súa oposición á "falsa circunvalación" á zona das obras da A-57
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O goberno municipal de Vilaboa rexeita asistir ao inicio das obras da A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' denuncia ante a Audiencia Nacional o inicio das obras da autovía A-57
Por Redacción |
-
Fomento ocupa os terreos da autovía A-57
Por Oskar Viéitez |
-
"Preocupación" de 'Salvemos a Fracha' polo "precipitado" proceso de expropiacións da autovía A-57
Por Redacción |
-
Os afectados pola A-57 están preocupados ante o inminente inicio das obras
Por Oskar Viéitez |