Ponte Caldelas faise moteira por un día
Por Redacción
Exitosa primeira edición da Xuntanza Moteira de Ponte Caldelas organizada polo Moto Club de Redondela.
Preto de 200 motos participaron na xornada pese á mala climatoloxía e no medio dun animado ambiente festivo.
Entre as actividades programadas durante a xornada destacou a marcha moteira, que partiu e finalizou en Chan da Barcia tras pasar pola Lama, Fornelos de Montes e Cotobade.
A imaxe curiosa da Xuntanza foi a participación do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, a bordo dunha scooter de 125 cc.
Xogos, sorteos e música completaron unha xornada na que o Concello colaborou coa colocación do palco, valos de protección e seguridade viaria e apoio loxístico.