O sector da limpeza de edificios cobrará os atrasos antes de rematar novembro
Por Redacción
Máis de doce mil traballadores do sector da limpeza de edificios e locais na provincia recibirán antes de que conclúa o próximo novembro os atrasos correspondentes ao convenio colectivo. Un documento que foi publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia e que se produce con "inexplicable atraso" segundo o secretario comarcal do sindicato Comisións Obreiras, José Luís García Pedrosa, "xa que o preacordo asinouse o pasado mes de maio e é moi importante porque establece o pago de atrasos desde xaneiro de 2014 ata agora".
Ademais as empresas teñen un prazo de 45 días para efectuar o pago desde a publicación no BOP, é dicir antes do próximo 29 de novembro. Segundo os termos do mencionado convenio, ten unha vixencia de sete anos, comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2017.
Segundo os termos do mencionado convenio, ten unha vixencia de sete anos, comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2017. De igual forma fixa que as empresas están obrigadas a pagar os atrasos antes do próximo 29 de novembro.
De acordo ao exemplo que expón a central sindical, un traballador a xornada completa e sen antigüidade, recibirá na nómina de novembro máis de 1.400 euros brutos polo período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1014 e o 30 novembro de 2015. A partir de decembro a nómina incrementarase en case 55 euros brutos, correspondentes ao incremento do 5,3% mensual de conceptos retribuidos.
Lembrar que o convenio provincial do sector da limpeza de edificios e locais foi objeto de protestas e demandas xudiciais que chegaron ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O motivo foi a interpretación que sindicatos e patronal fixeran da cláusula de revisión salarial ao concluír a vixencia do convenio anterior, en decembro de 2010.
Relacionadas:
-
As empresas de limpeza recorren ante o Supremo a sentenza que os obriga a subir soldos
Por Redacción |
-
O Tribunal Superior de Xustiza obriga ás empresas de limpeza de edificios a incrementar os soldos de 2011 e 2012
Por Redacción |
-
CCOO pide a UGT e CIG que recapaciten para salvar o convenio de limpeza do que dependen máis de 10.000 traballadoras
Por Diego Espiño |