O PP propón suspender licenzas para plantas de compostaxe para frear o proxecto da Canicouva
Por Redacción
Suspender de forma cautelar as licenzas urbanísticas para a construción de plantas de compostaxe durante un ano, igual que se fixo recentemente cos crematorios. É a solución que baralla presentar o Partido Popular no próximo Pleno para evitar a súa instalación na Canicouva.
Así o avanzou este xoves o seu voceiro, Jacobo Moreira, que agarda contar co apoio dos outros grupos da oposición que tamén se amosaron contrarios á instalación da planta de compostaxe nos terreos da parroquia.
"Dous anos despois volvémonos a atopar co mesmo problema. Un problema que estaría resolto se Pontevedra contase cun novo Plan Xeral, adaptado aos tempos que corren", denunciou Jacobo Moreira nun comunicado, "pero este non é o caso, e por iso estamos a analizar a posibilidade de presentar ante o Pleno unha proposta para suspender cautelarmente a concesión de licenzas urbanísticas para a construcción de plantas de compostaxe", engadiu.
O portavoz popular insistiu en que os populares non están en contra de que Pontevedra trate os seus residuos, pero a través dun proxecto "participativo e transparente", onde se especifique dende o primeiro momento que é o que Pontevedra necesita.
Jacobo Moreira lembra ademais que esta instalación podería ubicarse noutros municipios e non necesariamente na capital.
Relacionadas:
-
Os informes técnicos negan a posibilidade de suspender as licenzas para plantas de compost
Por Redacción |
-
A Plataforma 'Residuos Non' de Ponte Sampaio aposta por crear plantas composteiras nas 15 parroquias
Por Anxo Lourido |
-
O PP esixe anular o acordo para alugar os terreos da Canicouva para a planta de compost
Por Redacción |
-
Avance na tramitación da planta de compost coa aprobación do alquiler dos terreos da Canicouva
Por Diego Espiño |
-
Desestimado por "cuestións de forma" o recurso veciñal de Ponte Sampaio contra a planta de compostaxe
Por Redacción |