1.500 persoas comezan a traballar na provincia a través do Plan de Emprego da Deputación
Por Redacción
Este 1 de novembro arrincaba o novo Plan de Emprego da Deputación provincial que permite a 1.514 persoas traballar nos 62 concellos de Pontevedra con salarios que se sitúan ao redor dos 1.000 euros ao mes e con xornadas semanais de 35 horas.
Carmela Silva, presidenta da institución provincial entende que con este plan téntase loitar contra a precariedade laboral e fomentar o traballo de calidade superando as xornadas de 25 horas e os salarios que se situaban sobre os 400 euros no anterior plan.
Este programa conta cun orzamento superior aos 4 millóns de euros e dará emprego a este milleiro e medio de persoas ata o 31 de decembro deste ano coa intención de dotar tamén de persoal cualificado aos concellos da provincia, que contan con dificultades para a contratación de novo persoal.
O Plan de Emprego, segundo a presidenta provincial, será máis flexible en 2016 e converterá aos concellos no eixo principal do programa ao ser eles os encargadados de decidir os postos de traballo que precisan ou os meses nos que contarán co persoal.