O mercadillo da Verdura será trasladado á rúa Serra "nun prazo curto de tempo"
Por Redacción
O concelleiro responsable de Mercados, Vicente García Legísima, informou este martes que o mercadillo de antigüidades da Verdura será trasladado á rúa Serra "nun prazo curto de tempo".
Legísima descartou aplicar unha ordenanza específica pero aclarou que si se regularán os horarios, a montaxe dos expositores e fundamentalmente, o tipo de produtos, para evitar que se venda roupa, calzado ou material informático, entre outros artigos non apropiados para esta feira, que debería estar limitada a produtos de artesanía, coleccionables e outros obxectos con polo menos 25 anos de antigüidade.
Elaborar unha ordenanza específica para regular esta actividade ou incorporar este mercadillo á normativa municipal xa existente, implicaría unha serie de requisitos como: cobrar taxas aos vendedores ou abrir un proceso de adxudicación de postos. Algo que rexeitou Legísima porque se pretende unha participación gratuíta aínda que garantindo unha calidade mínima nos produtos.
O concelleiro lembrou que este rastro é unha iniciativa alegal que foi posta en marcha polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental para tratar de dinamizar a zona vella os domingos pola mañá. Con todo, agora converteuse nunha actividade conflitiva que xera ampla controversia pola proliferación de mercadoría inadecuada, as pelexas polos postos ou as tensións entre grupos de romaneses e toxicómanos que acoden coa súa mercadoría a este mercadillo.
O malestar crecente entre veciños, comerciantes e hostaleiros da zona derivou o pasado domingo nun incidente que Legísima cualificou de "lamentable". O concelleiro pediu "un pouco de paciencia" a todas estas persoas xa que "nun prazo curto de tempo" faranse cambios neste mercadillo.
Relacionadas:
-
Recollida espontánea e solidaria de fondos para pagar a multa do 'Pintxo Viño'
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Da Verdura á rúa Serra: así foi o primeiro día do novo mercado de antigüidades
Por Alejandro Espiño |
-
O mercado de antigüidades estréase este domingo na rúa Serra
Por Marisa Ciordia |
-
A Verdura, sen bancos durante uns días
Por Redacción |
-
O PP pide retomar a ordenanza de venda ambulante para regular o mercado de antigüidades
Por Redacción |
-
Un policía local denuncia un hostaleiro por botar uns vendedores do rastro da Verdura e montar a súa terraza
Por Anxo Lourido |
-
O Concello regulará o mercado de antigüidades e propón o seu traslado da Verdura a Mugartegui
Por Oskar Viéitez |
-
Os comerciantes e veciños da Praza da Verdura demandan a regulación do mercado de antigüidades dominical
Por Redacción |