Noites Abertas recibe 166 propostas de actividades para a súa edición de 2016
Por Redacción
Un total de 166 propostas recibiu a concellaría de Xuventude para formar parte da programación para a vindeira edición da iniciativa Noites Abertas.
Todas elas, de diversa índole, están aínda por supervisar para comprobar que se axustan aos criterios deste programa destinado á mocidade pontevedresa.
En total, 53 destas propostas foron actividades colectivas e 52 son iniciativas presentadas de forma individual. Ademais, tamén participaron neste proceso 28 empresas e 33 asociacións.
O pasado ano presentáronse 230 propostas das cales se escolleron 116, xa que foron as que se axustaban máis ao espírito de Noites Abertas, e seguindo o criterio de que foran propostas por mozos ou entidades de Pontevedra.
Relacionadas:
-
300 actividades para as Noites Abertas con máis igualdade
Por Mónica Patxot |
-
As Noites Abertas achéganse aos 110.000 euros de orzamento para 2016
Por Redacción |
-
Xa están en marcha as Noites Abertas 2016
Por Redacción |
-
Noites Abertas despide baixo teito a súa décimo sexta edición
Por Mónica Patxot |