Noites Abertas despide baixo teito a súa décimo sexta edición
Por Mónica Patxot
Noites Abertas pechou unha exitosa edición no seu décimo sexto ano de vida despois de que case 5.500 mozos pasasen polas súas actividades.
Son cifras previas á celebración dunha festa final que tivo lugar este sábado pero que tivo que adaptarse ás condicións climatolóxicas.
A chuvia obrigou a trasladar os actos dende a praza de Curros Enríquez ao interior do Casino Mercantil.
Nestes, ademais de talleres de 'hulla hoop' ou unha exhibición de danza, varios grupos musicais amenizaron toda a tarde.
Foi o caso de Anodhor, grupo do Local de Música que foi o primeiro en subirse ao escenario polo que tamén pasaron Como el Jueves, Vía Sete Coro e The Soul Breakers, gañadores do premio do público no último Fest e que foron os encargados de pechar a reunión.
Nos próximos días a organización de Noites Abertas, programa municipal que está pensado para proporcionar alternativas de ocio á xuventude pontevedresa, realizará un Foro Aberto onde se analizarán os datos de participación e recolleranse propostas para mellorar a próxima edición, que promete volver con forza.
Relacionadas:
-
Noites Abertas recibe 166 propostas de actividades para a súa edición de 2016
Por Redacción |
-
Xa están en marcha as Noites Abertas 2016
Por Redacción |
-
Un festival rompedor dará o peche a Noites Abertas 2015 o último sábado de abril
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Balance satisfactorio no ecuador de Noites Abertas con 2.719 participantes
Por Diego Espiño |