Pedaladas lamenta que a Xunta rexeite mellorar a estrada vella de Marín
Por Redacción
A Asociación Pedaladas contesta cun video a carta remitida pola Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) ao goberno local na que lle informa que non mellorará a estrada vella de Marín, deixando en mans de Fomento e Concello calquera posible actuación.
O colectivo ciclista lembra que a PO-546, unha estrada competencia da Xunta, "é a única forma de comunicación entre Pontevedra, Marín e Bueu para os ciclistas" e presenta "grandes deficiencias en seguridade e accesibilidade".
Entre outras sinalan que as beiravías non son accesibles por sección, ramplas e falta de pasos nos cruces, que non hai case pasos de peóns, o aparcamento é irregular nas beiravías e ademáis hai conlectores de lixo que case invaden a calzada.
Engaden que os capta faros e as liñas rugosas impiden o uso da beirarrúa, o firme está en mal estado e os rexistros de pluviais afundidos polo tráfico pesado. Tamén apuntan que non hai medidas de calmado de tráfico polo que, aínda que o lémite é de 50 quilómetros por hora, non se respecta sempre.
Nun comunicado remitido aos medios a Asociación Pedaladas afirma que no seu ánimo "non está criticar sen máis", e suliñan que "non entender que a PO-546 é unha rúa é o primeiro erro dunha valoración da AGI que non compartimos".
"Nós seguimos a esixir que o tráfico pesado ó complexo industrial use a PO-11 e que a PO-546 teña un tratamento urbano en case todo o seu trazado cumprindo os estándares de seguridade viaria da cidade de Pontevedra", conclúe Pedaladas.
Relacionadas:
-
Pedaladas pide que a estrada vella de Marín teña sentido único para coches e dobre sentido para ciclistas
Por Redacción |
-
A Xunta estuda a cesión parcial ao Concello da estrada vella de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O PP 'salta' á Xunta e insta o Concello a pedir a cesión da estrada vella a Marín e humanizala
Por Redacción |
-
A 144 quilómetros por hora nun tramo da estrada vella de Marín limitado a 50
Por Redacción |
-
O colectivo ciclista agradece o acordo político para mellorar a súa seguridade viaria
Por Oskar Viéitez |