A Xunta estuda a cesión parcial ao Concello da estrada vella de Marín
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores aproveitou a reunión deste xoves coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para solicitarlle a cesión parcial da estrada vella de Marín.
Neste encontro celebrado na delegación da Xunta en Campolongo, Lores razoou que en torno a este viario existe "un ámbito moi urbano que está dentro da cidade, especialmente o ámbito de Mollabao".
O rexedor sinalou que esta é unha zona onde hai unha "demanda importante de calmado de tráfico", xa que conviven nesta contorna un colexio, a Casa do Mar e unha residencia da terceira idade.
Ademais o Concello planea abrir esta zona da cidade ao mar coa creación dun gran parque público duns 14.000 metros cadrados nos antigos terreos de Malvar, no barrio de Mollabao. Será coa colaboración de Costas do Estado, que cederá tamén unha serie de parcelas. Esta operación continúa bloqueada por parte do banco titular dos terreos.
O goberno local xa demandara hai tempo a competencia deste viario e o propio director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presente na reunión deste xoves, xa se mostrou disposto a aceptar esta petición como comunicou con anterioridade ao alcalde.
Segundo desvelou Fernández Lores, a Consellería está disposta a transferir ao concello o tramo deste viario correspondente á zona máis urbana, é dicir, desde a rotonda de Manuel del Palacio pasando pola contorna de Mollabao e ata, "probablemente" o barrio de Pontemuíños.
"Si que é preferible que a collamos nós porque así ordenariamos o tráfico a noso xeito, ao mellor poñemos dirección única e facemos distintas alternativas", comentou Fernández Lores. "A Xunta vai a estudar esta petición, sen compromiso, e veremos se se pode facer", afirmou o alcalde da capital.
Relacionadas:
-
A Xunta acepta transferir o treito urbano da PO-546 pero non asumirá a súa reforma
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas reclaman ao Concello unha actuación integral en Mollabao
Por Redacción |
-
Pedaladas pide que a estrada vella de Marín teña sentido único para coches e dobre sentido para ciclistas
Por Redacción |
-
Pedaladas e Masa Crítica elaboran a súa propia proposta para un paseo peonil e ciclista Pontevedra-Marín
Por Redacción |
-
Pontevedra pide á Xunta unha senda ciclista na estrada vella a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Pedaladas lamenta que a Xunta rexeite mellorar a estrada vella de Marín
Por Redacción |
-
O PP 'salta' á Xunta e insta o Concello a pedir a cesión da estrada vella a Marín e humanizala
Por Redacción |
-
Marea esixe a reforma integral da vella estrada a Marín e o traslado do tráfico pesado á PO-11
Por Redacción |
-
Os ciclistas propoñen a entrada de vehículos pesados a Ence pola avenida de Marín
Por Redacción |