Creatividade a base de mexillón no Carlos Oroza
Por Redacción
Mcburger mexillón, mexillón á galega con escuma de pataca, castaña e mexillón ou brotes, algas e falso ceviche de mexillón. Así se chaman algunhas das propostas elaboradas polos alumnos do Carlos Oroza nun 'showcooking' organizado polo Consello Regulador Mexillón de Galicia.
Os futuros cociñeiros, que completan a súa formación na escola de hostalería pontevedresa, asumiron o reto de colocar ao mexillón no centro das súas propostas.
Tratábase dunhas xornadas que tentaban promocionar o uso deste bivalvo dentro dos menús de Nadal.
Durante o xoves os alumnos xa sorprenderon con algunhas das súas creacións, como un mexillón agridoce con escuma de mar, unha tartaleta de mexillón e aguacate, dados de mexillón e chourizo ou un cucurucho de mexillón con velouté ou cúrcuma.