Nova imaxe do Soho das Galerías Oliva e Noite de Ilusión do comercio de Rosalía de Castro
Por Mónica Patxot & Redacción
O Nadal achégase ao comercio local como unha oportunidade de pór en valor a súa oferta –ampla, variada e de calidade- e de negocio. Dous colectivos de comerciantes da cidade, os da rúa Rosalía de Castro e os das Galerías Oliva, celebraron este venres unha xornada especial con actividades lúdicas para animar a comprar.
As dúas iniciativas desenvólvense baixo o paraugas da marca Pontevedra Capital Shopping e polo tanto conta coa colaboración do Concello. "Traballamos co comercio local pero ten que existir unha demanda dos comerciantes, nós o que facemos é apoiar ou complementar as súas iniciativas" sinala a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.
Os comerciantes das céntricas Galerías Oliva inauguraron a nova imaxe do seu Soho, a feira que fan neste espazo cuberto desde hai máis de dous anos o último venres de cada mes. Para visibilizar a nova imaxe e invitar a xente a visitar o Soho, houbo pola tarde un obradoiro de pintura para nenos.
Pola súa parte, os comerciantes da rúa Rosalía de Castro celebraron unha "Noite de Ilusión" o que implica que estenden o horario de apertura dos negocios até as 22.30 horas. Os clientes que compraron nos seus comercios participarán nun sorteo ao final da xornada de regalos aportados polos propios establecementos.
Relacionadas:
-
Pontevedra, capital shopping tamén en Vigo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Animada xornada de 'shopping' na Praza da Verdura
Por Redacción |
-
A Verdura tamén é Capital Shopping
Por Redacción |
-
A moda camiña pola rúa Rosalía de Castro
Por Diego Torrado |
-
De compras a 'Pontevedra Capital Shopping'
Por Redacción |