A Verdura tamén é Capital Shopping
Por Redacción
A praza da Verdura celebrará este sábado a segunda das actividades programadas dentro da marca Capital Shopping, que puxo en marcha a concellaría de Promoción da Cidade. Trátase de desenvolver a marca coa creación dun programa de actividades de cara á campaña de Nadal "para que os veciños veñan a Pontevedra a comprar, a peitearse ou a aproveitar todo o potencial do noso comercio", sinalou Anabel Gulías.
As actividades tanto desta fin de semana como as que se desenvolverán ata o Nadal, están sendo promovidas polos comerciantes ou asociacións de profesionais vinculados directamente coa cidade.
Este sábado 14 de novembro está prevista unha gran festa na praza da Verdura promovida polos comercios da praza e das súas rúas do seu arredor.
A programación é a seguinte:
- 12.00 horas. Degustación de chocolates e cafés de comercio xusto a cargo de Amarante Comercio Xusto.
- 13.00 horas. Actuación de Cristina Canosa e degustación de fideuá de tempada para 100 persoas ofrecido por A tenda da gata.
- 13.30 horas. Sesión vermú da man do DJ Roberto Domínguez.
- 18.00 horas. Actuación do grupo Arabesque.
- 18.30 horas. Degustación catering frío de Os Carballos, O Furancho de Bora e Los Maristas.
- 19.00 horas. Desfile de moda a cargo das tendas Fusión, Alma gemela e Marilyn.
- 21.00 horas. Sorteos e agasallos para os asistentes.
Ademais, o 22 de novembro está previsto a gala atelier Pontevedra Look organizada polas asociacións de salóns de peiteado de Pontevedra e Vigo. Será no Teatro Principal a cargo da perruqueira galega Amparo Fernández, todo un referente no sector. Explicará na teoría e na práctica como se fai unha colección de peiteados dende o inicio ata a sesión fotográfica.
O 27 de novembro está prevista a actividade Oliva Capital Shopping, no que as Galerías da Oliva sacarán os seus produtos á galería instalados en postos moi vistosos "nos que os pontevedreses poderán mercar coma se estiveran no Soho de Londres", sinalou a concelleira de Promoción Económica. Ademais, aproveitarán para amosar a súa nova imaxe.
Xa para o 18 de decembro, farase a II Noite de Ilusión na rúa Rosalía de Castro. Neste caso os comercios ampliarán os seus horarios comerciais. Tamén de cara ao Nadal, os comerciantes da Galería Azul, entre as rúas Joaquín Costa e Cruz Gallástegui, tamén ofrecerán obradoiros para nenos durante as festas.
Relacionadas:
-
Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción |
-
Nova imaxe do Soho das Galerías Oliva e Noite de Ilusión do comercio de Rosalía de Castro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As obras diante do Hospital obrigan a cambiar o percorrido da Cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
Pontevedra, capital shopping tamén en Vigo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Animada xornada de 'shopping' na Praza da Verdura
Por Redacción |
-
A moda camiña pola rúa Rosalía de Castro
Por Diego Torrado |
-
De compras a 'Pontevedra Capital Shopping'
Por Redacción |