Quedan só dúas semanas de prazo para solicitar as axudas na ARI de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín lembra que segue aberto o prazo a convocatoria de axudas públicas á rehabilitación de edificios de vivendas, na área da zona vella e a Banda do Río Lameira, na súa segunda fase.
Segundo o convenio asinado o 27 de outubro pasado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Marín preténdese favorecer a rehabilitación das zonas que foron declaradas Área de Rehabilitación Integral (ARI) o pasado setembro.
Os interesados poderán presentar as solicitudes no Rexistro do Concello de Marín ata o próximo 18 de xaneiro.
O plan beneficia a case un centenar de vivendas cun custo total avaliado en 645.000 euros.