O Neno 'esquece' a Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Aínda que non congrega tanta expectación como a Lotería de Nadal, foron moitos os pontevedreses que este día de Reis estiveron pendentes do Sorteo do Neno, esperando un 'belisco' que fixera máis levadía a inminente costa de xaneiro.
Pero a sorte, esta vez, pasou de longo de Pontevedra. Ningún dos grandes premios foi vendido na cidade do Lérez ou nalgún dos concellos da súa contorna.
O primeiro premio, que recaeu no número 22654, estivo moi repartido. Dotado con dous millóns de euros por serie, foi vendido en numerosas localidades españolas, entre elas algunhas galegas como San Clodio e Quiroga (Lugo), na Coruña e en Pontecesures (Pontevedra).
Pola súa banda, o segundo premio foi para o 60755, dotado de 750.000 euros por serie e que foi vendido na administración número 1 de Madrid; mentres que o terceiro premio foi para o número 95395, dotado de 250.000 euros por serie e vendido integramente na localidade de Gardo (Palencia).
Así as cousas, todos aqueles pontevedreses que xogaron a este Sorteo do Neno terán que conformarse -se foi o caso- coas aproximacións aos números premiados ou as 'pedreas' que corresponden ás terminacións de dúas, tres e catro cifras que tamén foron agraciadas no sorteo.
Para consultar se un décimo foi premiado, Loterías e Apostas do Estado ten a disposición dos usuarios unha páxina web na que comprobar os boletos.
Relacionadas:
-
RADIO.- A polo día da sorte...ou o da saúde!
Por Marisa Ciordia |
-
As caras que deixou a sorte ao seu paso por Sanxenxo
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
VIDEO.- Chuvia de euros na cafetería California, onde toma café Rajoy cando está en Sanxenxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un quinto premio do sorteo de Nadal reparte 5.760.000 euros en Sanxenxo
Por Diego Espiño |