O PSdG pide explicacións a Lores sobre a negativa de Luis Bará a cumprir un acordo plenario
Por Redacción
O grupo municipal socialista de Pontevedra solicitou este mércores 3 por Rexistro que o alcalde Miguel Anxo Fernández dea explicacións na próxima Xunta de Voceiros sobre as palabras do concelleiro de Mobilidade ante unha posible negativa a atender unha modificación na ordenanza municipal de circulación nas vías urbanas do municipio.
O PSdG anunciara que levará á próxima sesión plenaria unha modificación da devandita ordenanza para dar cumprimento a outro acordo plenario. Neste caso, o acordo da corporación refería á execución de tres vías de acceso ao Hospital Montecelo libres de lombos, de forma que se aplicarían outras medidas de acougado de tráfico para limitar a velocidade a 30 quilómetros por hora.
Este pasado martes 2, o concelleiro de Mobilidade, Luis Bará, segundo indican desde as filas socialistas, o concelleiro "afirmou que o contido da ordenanza sería desobedecido polo goberno e non se procedería a efectuar as adaptacións que se indican na modificación".
Así, solicitan que na próxima Xunta de Voceiros, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, lles ofreza explicacións sobre as mesmas e se as comparte. Engaden na súa demanda que lles anuncie que medidas tomará para evitar que se reproduzan declaracións similares por parte dun membro do goberno local.
As manifestacións do concelleiro nacionalistas son consideradas "de enorme gravidade", xa que entenden que son "un desprezo ás decisións dun pleno". De feito están dispostos a utilizar todos os medios, incluída a vía xudicial, "para que os cargos públicos non estean por encima das normas".
Relacionadas:
-
Contundencia na Deputación a favor dos lombos: "Pontevedra é o noso referente"
Por Alejandro Espiño |
-
A oposición obriga o goberno local a unificar os futuros lombos segundo a normativa de Fomento
Por Oskar Viéitez |
-
Bará busca apoios para desestimar a moción do PP sobre os lombos
-
Estudan a creación dun espazo para skaters en 12 de novembro
Por Redacción |
-
Bombeiros, Médico Ballina e O Pino, punto de partida das vías sanitarias libres de lombos
Por Alejandro Espiño |