O Concello cede unha parcela á Fundación Xoán XXIII para ampliar o seu centro especial de emprego
Por Redacción
O Concello iniciou este luns 8 o proceso de cesión á Fundación Xoán XXIII dunha parcela de preto de 4.000 metros cadrados na urbanización da Corva. Está situada entre a rúa Santa Lucía, Pintor Urbano Lugrís e rúa da Corva, á que se pode acceder desde a Avenida de Vigo ou desde San Blas.
No devandito emprazamento a Fundación poderá ampliar os proxectos do centro de formación e emprego, tanto na parte dedicada a xardinería como a quioscos; e tamén seguir impulsando o emprego a persoas con discapacidade intelectual. Esta parte da súa actividade tradúcese en formación e capacitación laboral, orientación e intermediación laboral, inclusión social e emprego con apoio.
Con esas perspectivas, na nova parcela habilitarán aulas e espazos de formación, vestiarios, aseos, duchas, un almacén, un taller para xardinería, oficinas e espazos para reunións.
Desde o Concello estímase que no prazo de seis meses pode estar concluída a cesión. Tras este trámite a Fundación terá que presentar o proxecto arquitectónico e pedir licenza para a execución do proxecto.
Actualmente a Fundación Xoán XXIII ten empregadas a 30 persoas, 25 con algún tipo de discapacidade. Sete delas nos quioscos de Montecelo e Hospital Provincial e vinte como xardineiros. Traballan para clientes particulares, comunidades de montes, comunidades de veciños e administracións públicas como a Xunta ou concellos da provincia. Ademais atenden a 200 persoas no centro ocupacional.
Relacionadas:
-
Juan XXIII solicita licenza para construír o seu novo centro ocupacional
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello cede por 75 anos ao Xoán XXIII 4.600 metros cadrados de terreo
Por Oskar Viéitez |
-
Visto e prace á cesión de 3.450 metros cadrados á asociación Juan XXIII para construír unha residencia
Por Natalia Puga |