Nauta insta a Costas a executar a rexeneración da Carabuxeira
Por Redacción
O Consello de Administración de Nauta Sanxenxo decidiu instar a Costas a incautar o aval e executar as obras de rexeneración da praia da Carabuxeira. O escrito foi xa remitido á Xefa do Servizo Periférico de Costas en Pontevedra para que axilice a tramitación necesaria.
O Consello de Administración encargou un informe xurídico que aclarase a obrigación da empresa pública de acometer unhas obras que exceden os danos causados nas praias e que requiren a construción de elementos correctores.
Entre as conclusións deste informe destaca a constatación de que o desastre ambiental na Carabuxeira é consecuencia da construción e ampliación do porto deportivo de Sanxenxo e, por tanto, alleo á concesión da súa explotación, derivada a Nauta coas instalacións xa en marcha.
E é que o proxecto non se reduce á reposición de area na praia da Carabuxeira, (motivo do aval depositado no seu día) senón á construción de medidas correctoras que impidan que as correntes volvan levar os áridos, cuestión que incrementa o custo da obra por encima dos 901.518,16 euros depositados no seu momento.
"O informe xurídico que solicitamos confirma as nosas dúbidas. É a construcción do porto o que provocou os danos ambientais na Carabuxeira e non se lle pode agora achacar esa responsabilidade á concesionaria. Foi un erro de construcción, nun proxecto de Portos baixo o control de Costas", apunta o presidente do Consello de Administración de Nauta.
Relacionadas:
-
En Marea reclama no Parlamento a recuperación da Carabuxeira e o PP responsabiliza ao Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Avanzan os trámites para licitar as obras de rexeneración da praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Sanxenxo logra mellores condicións de crédito financeiro para rexenerar a praia de Carabuxeira
Por Redacción |