Un pontevedrés consegue 40.000 euros na Bonoloto
Á Administración de Lotería número 9, situada na rúa Peregrina, achegábase unha decena de persoas durante primeiras horas desta mañá. Desde dous mozos da barbería París, unha muller con présa por chegar ao traballo e mesmo varios pensionistas con carteira en man, acudían dispostos a comprobar boletos esquecidos ou a retirar uns novos.
Pero entre todos eles, este xoves 31 destacaba un cliente habitual deste despacho de loterías que, á primeira hora da mañá, acudía ao portelo da administración para verificar o número premiado da Bonoloto. En total, este home conseguiu 39.356 euros grazas á súa persistencia no último sorteo da Bonoloto.
María del Carmen García, a propietaria da administración, desbordaba de alegría ante esta boa nova, tanto é así, que esta mañá decidiu ir o salón de peiteados. Hai apenas seis meses tivo a oportunidade de adxudicar outros dous premios, explica: outro na Bonoloto e un segundo premio na Lotería Nacional.
A propietaria explica que é un comportamento pouco habitual que os premiados acudan pola administración. Ademais, manifesta que "cando é xente de paso, moitos deles peregrinos, nin veñen, nin chaman; pero cando se trata dun cliente habitual normalmente, si".
Ás veces, cando se dan estas circunstancias, os premiados deciden mostrar o seu agradecemento á administración. A propietaria declara que o máis habitual son os bombóns, "porque tampouco se trata dun premio tan grande" e espera que "cando deamos millóns veña un pouquiño máis, aínda que calquera cousa é ben recibida e agradecémolo moito". Noutros anos, cando a súa nai era a propietaria, cóntanos, recibiron algún ramo e mesmo unha cadea de ouro.
Os números premiados desta Bonoloto foron o 7, 13, 21, 28, 35 e 47, co 4 como complementario e o 0 como reintegro. O afortunado gañou a segunda categoría ao coincidir cinco dos números xunto co complementario.
Relacionadas:
-
A Bonoloto deixa no Grove un premio de 283.000 euros
Por Redacción |
-
O Gordo da Primitiva deixa un premio de 192.365 euros en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Administración da Peregrina, 'tocada' co primeiro premio da Lotaría Nacional
Por Redacción |
-
Unha parte do 22.343, un quinto premio, vendido en Meis e Pontevedra
Por Oskar Viéitez |