Pescan unha troita de case tres quilos no río Verdugo
Por Redacción
A poucos días de que se celebre en Ponte Caldelas unha nova edición da Festa da Troita, un pescador do municipio logrou capturar no río Verdugo un exemplar de case tres quilos de peso.
O pescador afeccionado, Iván Díaz Lains, capturou esta troita de grandes dimensións nas inmediacións de Pasos da Fraga, entre as parroquias de Caritel e Laxoso.
Conseguiuno co método de 'cucharilla' despois de dúas horas e media de traballo de recuperación, no que o coidado foi máximo para non romper a sedela, indicado para pezas de ao redor de 800 gramos.
A climatoloxía das últimas semanas, con chuvascos frecuentes que arrantran diferentes tipos de sedimentos e pequenos invertebrados favorecen a presenza de troitas, un bo presaxio ante o inminente concurso de pesca deportiva incluído no programa da L Festa da Troita.
Iván Díaz foi recibido este luns polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, con quen compartiu impresións sobre o estado actual do río Verdugo.
Relacionadas:
-
"Polo río abaixo van 300 troitas de pé..."
Por Redacción |
-
Unha troita de tres quilos morde a un home logo de ser capturada
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O río Verdugo repóboase con 1.000 alevíns de troita
Por Redacción |
-
Unha escultura de Ortiz conmemorará os 50 anos de historia da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A Festa da Troita cumpre 50 anos en plena forma
Por Redacción |