Unha moza nega que lle rompese o nariz a outra á que ameazaba por Tuenti na Festa da Auga de Vilagarcía
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
A moza Raquel E.F. sentou este martes no banco dos acusados da Sección Segunda da Audiencia Provincial para render contas por un delito lesiones que presuntamente cometeu fai case catro anos, o 16 de agosto de 2012, durante a Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa, cando supostamente propinou varios golpes a outra moza e, como consecuencia dos mesmos, rompeulle o nariz. Ela negou os feitos e asegurou que entre ambos xa había unha inimizade previa.
A moza recoñeceu que coñecía á presunta vítima, que era amiga do seu ex noivo, e que se atopou con ela durante aquela noite de agosto, pero negou a agresión, pois cando se atoparon o primeiro que fixo a outra moza foi "insultarme" e, cando ela deuse a volta para pedirlle explicacións, o único que fixo foi tentar separarse, sen chegar a pegarlle.
A moza asegura que non a agrediu e que, ademais, tampouco recibiu ningún golpe e viu como a moza sangraba pola naríz, unha versión que confirmou ante o tribunal a amiga que a acompañaba aquela noite. A outra moza indicou que a acusada "se separaba" mentres a suposta agredida "le agarró de los pelos".
A supesta vítima contou unha versión diferente do ocorrido segundo a que Raquel E.F. xa a ameazaba previamente a través da rede social Tuenti, na que chegou a escribir "Ya verás tú, zorra, ya verás" e que esa noite deulle varios golpes, primeiro nas costas e logo na cara, froito dos cales empezou a sufrir unha forte dor na naríz.
Segundo recoñeceu durante o xuízo celebrado na Audiencia tardou varias horas en acudir ao médico, pois a pesar de que todo ocorreu sobre as 3.00 horas da mañá, non foi ata o día seguinte, pero asegurou que si sentiu dor desde o principio. Unha amiga confirmou a súa versión dos feitos durante o xuízo e unha médico forense que declarou ante o tribunal indicou que a lesión que presenta é "compatible con un puñetazo en la nariz".
A presunta vítima sufriu unha fractura de ósos propios de nariz e, como secuela, quedou unha pequena desviación da a punta nasal cara á dereita, unha circunstancia que o seu avogado insiste en que lle afectou moito e a diario faille lembrar a agresión "cuando se mira en el espejo".
O fiscal pide que por estes feitos Raquel E.F. sexa condenada a dous anos de prisión e indemnice á súa vítima con 900 eros polas lesións e 1.500 euros polas secuelas. O avogado da acusación particular tamén pide a súa condena mentres que o avogado da defensa considera que procede a súa absolución, insiste na mala relación previa entre a acusada e a presunta vítima e cre que hai algún "motivo espurio, malintencionado en la denuncia".