Comeza a fase de equipamento e planificación loxística e de persoal no novo Centro de Saúde de Marín
Por Redacción
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Jose Manuel González Álvarez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitaron este mércores o novo centro de saúde desta localidade, que conta cun investimento de máis de 5,2 millóns de euros.
Coa obra practicamente rematada, a falta de derradeiros detalles para que o Sergas recepcione o edificio, iniciaráse agora a fase de equipamento e planificación loxística e de persoal para que o centro abra as súas portas este verán.
O novo centro de saúde de Marín conta con 3.800 metros cadrados de modernos espazos asistenciais, dotados de 12 consultas de medicina xeral e 11 de enfermería; aula para docencia, unha sala polivalente, un despacho para o traballador social, unha consulta de telemedicina e unha sala de toma de mostras; outra sala de técnicas, unha consulta de odontoloxía, outra para hixiene dental, outra de farmacia, unha sala de raios X compartida co Punto de Atención Continuada -PAC-,;unha consulta da muller, unha para a matrona, unha sala de educación para a saúde, outra para fisioterapia con 4 cabinas de tratamento, ademais dunha consulta de fisioterapia.
Polo que atinxe a área de pediatría, o novo centro de saúde marinense alberga 4 consultas de pediatría, unha polivalente e 4 de enfermería pediátrica.
No que se refire á área de urxencias (PAC), dispón de 3 consultas de medicina xeral, 2 de enfermería, unha sala de críticos e unha sala de observación, ademais dos dormitorios para o persoal de garda.
Outras dependencias do centro de saúde son unha sala de xuntas, unha biblioteca, unha sala de estar, así coma almacéns e un arquivo.
Relacionadas:
-
O Sergas agarda que o novo Centro de Saúde de Marín abra o 19 de setembro
Por Redacción |
-
Acondicionan a contorna do novo centro de saúde de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Último impulso ás obras de construción do novo centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
As obras de construción do novo centro de saúde de Marín "avanzan dacordo coas previsións"
Por Redacción |