O xuízo do Marquesito segue a "conta pingas"
Por Oskar Viéitez
A conta pingas van pasando pola Audiencia de Pontevedra os últimos acusados por coaccionar a un narco colaborador da Xustiza.
Esta mañá retomouse este xuízo con outro dos acusados, Jaime Canchón Vanegas, que finalmente aceptou dous anos por un delito de coaccións.
A fiscal, Carmen Novo, do mesmo xeito que cos outros dous condenados rebaixou de seis a dous os anos de prisión para o acusado, ao retirar a autoría dun delito de detención ilegal por reter na súa vivenda a un veciño da Estrada ao que esixían o pago de 9.000 euros.
Agora falta unha persoa por xulgar M.C.L. que se atopa en paradero descoñecido cunha orde de busca e captura.
A vítima, xa falecida, foi Tomás Leis Carlés, coñecido como 'Tomasín' ou 'O Marquesito', que acumulou nos anos 80 e 90 varias condenas por narcotráfico e conseguiu un indulto por colaborar coa Xustiza no marco da 'Operación Nécora', gañándose o cualificativo de soplón no mundo do tráfico de drogas.
No ano 2003 denunciou que catro individuos lle secuestraron. O asunto chegou este xoves a xuízo con outro dos acusados que estaba estaba fuxido da Xustiza. Anteriormente os outros dous chegaron a un acordo coa Fiscalía polo que tamén se modificou a acusación inicial por detención ilegal e roubo con intimidación por un delito de coaccións.
Hoxe o acusado conformouse ante a Audiencia Provincial de Pontevedra coa petición de condena realizada pola fiscal, que rebaixou de seis a dous anos de prisión, e recoñeceuse autor dos feitos.
Á espera de que se dicte sentenza, será condenado por coaccionar a 'O Marquesito' na súa casa da Estrada. Unha das circunstancias que motivou este cambio na acusación é que a vítima faleceu e a declaración da filla que resultou contradictoria coa versión dos feitos do seu pai.
A Fiscalía só considera que lle coaccionaron con pistolas de fogueo, pero non que intentaron roubarlle nin lle retiveron á forza.