Viascón celebrará o 29 de maio a terceira Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto
Por Redacción
O ámbito da Casa do Pobo de Viascón acollerá o domingo 29 de maio a terceira edición da Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto, un evento gastronómico que se marca como obxectivo superar a barreira do milleiro de asistentes.
O evento, que comezará ás 14.00 horas, terá como eixo central una comida popular a base de empanada, carne de becerro ecolóxico ao espeto con patacas, viño, auga e sobremesa.
As persoas interesadas en asistir poden mercar os seus menús a un prezo de 15 euros en dez puntos de venda de Cotobade, Pontevedra e Cerdedo.
Os establecementos con convites á venda son os seguintes: Casa Manolo (Viascón), Supermercado Tenorio, Carnicería O Agro (Tenorio), Bodegón Dios (Tenorio), Bar A Chan (Carballedo), Clínica Veterinaria Alberto (Mourente-Pontevedra), Ferretería Barco (Marcón-Pontevedra), Bar Hermida (Marcón-Pontevedra), Ernesto Filgueira (Pontevedra) e Bar Espigueiro (Cerdedo).
As persoas que desexen máis información sobre este evento poden facelo chamando ao número de teléfono 686 235 138.
Ademais da degustación gastronómica, a festa contará con actividades de animación musical e sorteo de lotes de carne entre os comensais.
Deste xeito, Cotobade retoma o seu calendario festivo-gastronómico tras o éxito da Festa do Petote, que reuniu a preto de 500 persoas na súa sétima edición, celebrada o pasado mes de febreiro. Esta cita de Viascón, malia súa xuventude, está plenamente consolidada e converteuse dende os seus inicios en multitudinaria, roldando o milleiro de asistentes.