Ana Pastor compromete en Vilagarcía unha conexión directa de Alta Velocidade con Madrid
Por Redacción
Vilagarcía terá unha conexión directa a Madrid a través da alta velocidade ferroviaria no horizonte do ano 2018. Así o anunciou este mércores a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, ao alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, nunha reunión na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o encontro durou algo máis dunha hora, na que Varela defendeu a súa demanda dun enlace directo en tren dende Vilagarcía a Madrid atendendo á entidade poboacional á que dá servizo a estación de ferrocarril da cidade, que suma uns 100.000 habitantes da comarca. O alcalde destacou tamén a importancia e nivel de usuarios cos que xa de por si conta esta estación.
O segundo tema na axenda era a intermodalidade da estación, unha actuación que considera esencial para o desenvolvemento económico de Vilagarcía e tamén da súa área de influencia. Demandoulle a inclusión da estación no plan de intermodalidade que se levará a cabo en varias cidades de España a través de fondos europeos.
Ao respecto, a ministra de Fomento comunicou que se concretará unha reunión a tres bandas entre o Concello, Fomento e a Xunta de Galicia para estudar as posibilidades existentes para acadar a intermodalidade.
O alcalde tamén lle expuxo o malestar existente no Concello pola intención de Adif de privatizar o estacionamento da praza da Estación dada a ausencia de bolsas de aparcamento libre existentes en Vilagarcía. Neste punto, Pastor emprazou ao rexedor a abordar o asunto directamente cos responsables de Adif.
Relacionadas:
-
O AVE non chegará a Galicia ata o terceiro trimestre de 2019
Por Redacción |
-
Fomento informa de xeito favorable á Vía Verde na antiga liña do ferrocarril entre Vilagarcía e Portas
Por Redacción |
-
Vilagarcía pídelle a Ana Pastor unha parada da liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid
Por Redacción |
-
Máis de 6.000 persoas subiron ao tren na estrea do Eixe Atlántico de alta velocidade
Por Redacción |
-
O trazado de alta velocidade do Eixe Atlántico comezará a funcionar o sábado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O tren do Eixe Atlántico xa circula en probas por Pontevedra, os billetes sairán á venda en abril
Por Mónica Patxot |