Verísimo Pazos, novo presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro'
Por Redacción
O ex presidente da Federación de asociacións veciñais Castelao, Verísimo Pazos, ocupará ata o 18 de xuño o cargo de presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' (COGAVE).
O que ata agora era presidente desta Confederación, Eladio Fernández, presentou a súa renuncia ao cargo por incompatibilidades, despois de que presentase un novo proxecto político en Ourense. Este colectivo veciñal entende que non poden estar baixo o lema de ningunha forza política, crenza, relixión ou etnia. Por este motivo o Concello Confederal decidiu por unanimidade, nomear ao vicepresidente primeiro desta Confederación, Verísimo Pazos, presidente en funcións ata que se elixa á nova comisión pemanente. Pazos exerce tamén como portavoz da Plataforma pola Sanidade Pública.
Este cambio tamén supón o traslado da sede a Pontevedra, onde ademais celebrarase este congreso.