O lecer ten xénero
Por Oskar Viéitez
Un total de 6.025 mozos participaron no programa Noites Abertas, de lecer e ocio xuvenil 2016, que organiza a Concellería de Xuventude.
Dende o Concello aseguran que "esta dezasete edición pechou con nota" o que amosa o "interese sostido no tempo" dunha programación que cada ano inclúe novidades. O 95% por participantes valorou con un "ben" ou "moi ben" a programación; o 96% aos monitores, o 85% os espazos elixidos para o desenvolvemento das actividades o 88% aprobou o horario.
O balance de Noites Abertas 2016 acredita que a iniciativa ten relevo xeracional xa que o 90% dos participantes tiña entre 12 e 25 anos (a idade tope é 30 anos). O 46% foron mulleres e o 54% homes. O 65% dos participantes son de Pontevedra, o 33% de concellos limítrofes e o resto doutros lugares.
O peche do programa permite aos organizadores avaliar o resultados co fin de corrixir erros, profundar nos éxitos e ter en conta as inquedanzas e suxestións dos mozos cara a programación do próximo ano.
O relevo xeracional e a capacidade de renovación de Noites Abertas é un dos aspectos subliñados na avaliación na que tamén ocupa un lugar salientable o traballo feito pola Comisión de Igualdade, unha iniciativa posta en marcha por vez primeira co obxectivo de detectar e corrixir condutas sexistas e promover a igualdade na organización e desenvolvemento das actividades de Noites Abertas.
A supervisión e intervención da Comisión de Igualdade permitiu constatar, nalgún caso por parte dos monitores, participantes ou público, o uso dunha linguaxe sexista e, o máis preocupante para eles foi a constatación da existencia, asumida de forma acrítica, dun ocio diferenciado, de actividades para mozos e actividades para mozas. "Cando se lles facía notar o uso dunha linguaxe o comportamento sexista o entendían e trataban de corrixilo" explica o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez.
Estas constatacións leva a Concellería de Xuventude a darlle pulo á Comisión de Igualdade que elabore un manual de boas prácticas e promoverá accións para a utilización dunha linguaxe inclusiva. Tamén se insistirá na necesidade de sensibilizar a xente máis nova en prol da igualdade.
Unha análise polo miúdo do desenvolvemento de Noites Abertas 2016 levou ás seguintes conclusións: hai un descenso na participación de actividades que levan anos desenvolvéndose; as actividades diúrnas fóra do horario habitual (19.00-01.00) non funcionan; as actividades no exterior funcionan pero están totalmente condicionadas pola climatoloxía; a necesidade de inscrición nalgunhas actividades e de revisar a colaboración co Salón do Libro.
Relacionadas:
-
Esta fin de semana comezan as Noites Abertas con 91 actividades diferentes
Por Oskar Viéitez |
-
As Noites Abertas pechan edición cunha gran festa
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
ParaPara, Hiragana e Katacana, novidades na VI edición de Manga e Anime en Noites Abertas
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Voluntarios europeos converten Noites Abertas nun evento internacional
-
Baile, clases de cociña ou 'quiddith' para unha primeira e animada fin de semana de Noites Abertas
Por Diego Torrado |
-
300 actividades para as Noites Abertas con máis igualdade
Por Mónica Patxot |