Baile, clases de cociña ou 'quiddith' para unha primeira e animada fin de semana de Noites Abertas
Por Diego Torrado
Os mozos pontevedreses contan desde esta fin de semana cunha numerosa oferta de lecer grazas á nova edición do programa Noites Abertas.
Consolidadado despois de 17 anos, Noites Abertas arrincou a noite do venres coas primeiras actividades, como un taller para ligar, cociña marroquí, breakdance ou Quidditch Muggle, o deporte de Harry Potter.
O sábado pola súa banda moitos foron os que participaron no Froebel, Casa Azul ou Local de Música nas clases de baile, talleres de maquillaxe artístico ou nun curso de cociña vexetariana, ademais das opcións deportivas coa billarda e tiro con arco no Multiusos ou o Futbol 7 na Xunqueira.
En total serán máis de 300 as actividades que se desenvolverán ao longo das próximas fins de semana, ata o día 30 de abril.
Noites Abertas conta nesta edición cun orzamento de 112.000 euros, dos que máis de 70.000 son fondos que proceden de comisos a narcotraficantes a través do ministerio de Sanidade, coa intención de fomentar unha vida saudable entre os mozos ofrecéndolles alternativas de lecer.
Relacionadas:
-
O lecer ten xénero
Por Oskar Viéitez |
-
As Noites Abertas pechan edición cunha gran festa
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Unha festa o sábado 30 poñerá o peche a Noites Abertas
Por Redacción |
-
Voluntarios europeos converten Noites Abertas nun evento internacional
-
300 actividades para as Noites Abertas con máis igualdade
Por Mónica Patxot |
-
As Noites Abertas achéganse aos 110.000 euros de orzamento para 2016
Por Redacción |