O Sergas rexeita as acusacións da CIG e garante a limpeza dos hospitais de Pontevedra
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) reaccionou ás críticas realizadas desde o sindicato CIG, que afirmaba que o novo concurso de adxudicación contemplaba unha rebaixa do orzamento e unha posible perda das condicións hixiénicas no servizo. A través da xerencia dos hospitais pontevedreses, a Consellería de Sanidade garante o correcto mantenimineto dese servizo de limpeza tanto no Provincial como en Montecelo.
Segundo apuntan desde o Sergas, o novo concurso garante que a limpeza dos dous centros se realice nas mellores condicións hixiénicas. Neste sentido, a xerencia sinala que se incrementa o prezo contemplado na nova licitación do servizo de limpeza respecto ao actual contrato.
Sinalan que o prezo se incrementaría nun 2,5%, pasando dunha partida de 4.171.000 euros a 4.275.000 durante dous anos, coa posibilidade de prorrogar esa adxudicación durante dous anos máis.