Retiran os surtidores da gasolineira de Costa Giráldez
Por Redacción
A empresa especializada Revesgal está a limpar os tanques de combustible da gasolineira de Costa Giráldez para proceder ao seu desmantelamento e retirada dos surtidores.
A estación de servizo da rúa Benito Corbal estaba inoperativa desde hai case un ano coincidindo co peche da cafetería situada no edificio.
No ano 1951 o industrial Valentín Costa Giráldez cedeu ao concello un terreo coa finalidade de instalar un surtidor de gasolina, a cambio da licenza para a construción dun garaxe.
Anos máis tarde, no ano 1999, os seus herdeiros solicitaron a reversión do chan cedido coas correspondentes servidumes de paso e condicións de uso.
Foi entón cando o ex alcalde Juan Luís Pedrosa negociou coa familia a posibilidade de reordenar o solar coa pretensión de pechar a estación de servizo.