Unha polémica ao redor de María Rey enturba a campaña
Por Natalia Puga
A campaña das eleccións municipais do 26 de xuño transcorría en Pontevedra con total normalidade e sen sobresaltos para ningún partido á marxe do trafego inherente á coincidencia na cidade no mesmo día do presidente do Goberno en funcións e líder do PP, Mariano Rajoy, e o cabeza de lista polo PSOE, Pedro Sánchez. Con todo, un asunto de índole persoal relativo á candidata de Cidadáns (C's) pola provincia e concelleira no municipio, María Rey, enturbouna para deixar á marxe o debate sobre os programas e propostas dos partidos e centrarse en reproches relativos ao seu proceder a título individual.
O detonante da polémica foi a publicación no xornal ABC deste xoves dunha información sobre o uso fraudulento por parte de María Rey dun cartón de estacionamento para prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. Segundo esta noticia, os feitos ocorreron no ano 2014 en Pontevedra e a concelleira utilizaría unha fotocopia do cartón de quen naquel momento era a súa parella para estacionar en zonas restrinxidas. Por este comportamento puxéronlle unha multa que recorreu e finalmente este ano foi declarada firme por un xulgado da capital.
Desatada a polémica, María Rey compareceu este xoves ante os medios de comunicación e recoñeceu que "me pusieron una multa y la pague", pero cinguiu o ocorrido ao ámbito persoal e "yo nunca he hablado de mi vida privada y no voy a hacerlo ahora". Xusto despois, falou ante a prensa na mesma salga o portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, único político pontevedrés que saíu ao paso da noticia e que considera que a concelleira de Cidadáns "debería dar explicaciones a los ciudadanos de verdad" polo seu comportamento.
Nas súas explicacións, María Rey indicou que a sanción lla puxeron antes da súa entrada no partido e enmárcaa en que "hay miedo a Ciudadanos". "Entiendo que quieran desprestigiarme a mi a nivel personal, pero el proyecto de Ciudadanos está por encima de las personas", engadiu a candidata, que enmarca a noticia no período de campaña electoral, pero non quixo valorar quen pode estar detrás da filtración: "cada uno que saque sus propias conclusiones".
A candidata da formación laranxa asegurou que este xoves recibiu un "aluvión de mensajes" dos seus compañeiros de partido, dos coordinadores de campaña, doutras agrupacións e mesmo doutros compañeiros de corporación. Entre eses apoios non estaba o de Jacobo Moreira, que considera que o proceder de María Rey é "de lo más reprochable socialmente".
O líder do PP reprochou que a concelleira de C's "ha pretendido darnos en muchas ocasiones lecciones de ética" e "abanderar las preocupaciones de los asuntos sociales de las personas con dificultades" e, con todo, tras a publicación desta noticia, ve que a "nueva política" da que falaba é unha forma de facer política "de la que queremos huir". "Ahora entendemos por qué decía en alguna entrevista que uno de los principales problemas de Pontevedra era la falta de aparcamiento", engadiu.