Núñez Feijóo fai escala en Combarro para festexar o Día de Colón
Por Redacción
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, aproveitou o percorrido que está a realizar como máximo responsable do PP galego dentro da campaña #FeijóoEnCamiño para facer unha parada durante a mañá deste sábado 9 en Combarro, Poio, onde se está celebrando o Día de Colón.
Feijóo, acompañado polo presidente provincial do populares Alfonso Rueda e polo deputado Ángel Moldes, achegouse aos diferentes postos de venda de produtos tradicionais.
Algunhas das persoas que se atopaban polo centro de Combarro, ataviados con traxes de época, aproveitaron para realizar fotografías co presidente popular.