Poio bate récord de turistas cun 85% de ocupación hoteleira na segunda quincena de xullo
Por Redacción
O mellor mes de xullo dos últimos anos. Así está a ser, a nivel turístico, o verán no Concello de Poio. Segundo os datos facilitados pola concellería de Turismo, a ocupación hoteleira rexistrada durante esta segunda quincena do mes de xullo foi do 85% de media, unha cifra que supera en nove puntos a acadada nas mesmas datas do ano pasado.
En relación aos visitantes que se achegaron ata as oficinas de turismo municipais, nestes últimos quince días acadouse a cifra de 2.500 persoas, das que un 86% foron turistas nacionais e un 14% de procedencia estranxeira, cifra que se incrementa en catro puntos con respecto ao mesmo período da pasada tempada estival.
En canto a procedencia dos visitantes nacionais destacaron os procedentes de Madrid (21,30%), Andalucía (19,02%), Castela e León (10,36%), Estremadura (9,38%) y Cataluña (7,82%).
No que respecta ós estranxeiros destacaron os procedentes de Portugal, Francia, Reino Unido, Bélxica e Italia.
Os principais motivos para elixir o municipio, segundo as enquisas feitas aos turistas, foron a singularidade de Combarro en particular, así como a natureza, cultura e gastronomía en xeral.