Xullo pechouse na cidade cun 24% máis de turistas
Por Redacción
A cidade de Pontevedra non queda atrás con relación ao resto da provincia e está a vivir un verán de record en canto a afluencia de turistas.
Así o reflicten os datos das oficinas de turismo da cidade, que recibiron durante o mes de xullo a visita de 5.668 turistas, é dicir, un 24% máis que hai un ano, cando a cifra era de 4.571.
Esta cifra correspóndese coa demanda de información na Ofina de Turismo Municipal (Casa da Luz) e as casetas situadas xunto á estación de tres e en Montero Ríos.
A gran maioría de turistas que chegaron á cidade de Lérez fixérono desde territorio nacional (4.737), sendo Madrid a rexión que máis visitantes achega (1.232).
A estatística reflicte a demais que a maior parte dos visitantes chegaron en coche (3.304) e con motivación fundamentalmente cultural (4.966). Pola súa banda 522 visitantes chegaron a Pontevedra no medio da súa peregrinación a Santiago de Compostela.