434 prazas do programa DepoTermal serán gratuítas para persoas en risco de exclusión
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación adxudicou este venres as prazas do programa DepoTermal 2016, co que tenta formentar o "envellecemento activo" e mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
En total solicitaron acceder ao programa 4.286 persoas, entre a opción de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas e a opción de pernoitar en réxime de pensión completa.
Como novidade, a administración provincial reservou nesta ocasión 434 prazas gratuítas para que se beneficien do plan persoas con dificultades económicas.
En Depotermal a Deputación inviste algo máis de 102.000 euros.
Entre outras cuestiones a Xunta de Goberno tamén aprobou a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro no ámbito sanitario, cun orzamento de 699.941 euros destinados a 152 entidades que realizarán diversas accións destinadas a favorecer a inclusión social e laboral.