O Corpus pecha o ano cun acto no Concello
Por Redacción
O salón de plenos do Concello de Bueu acollía este venres o acto final do Corpus 2016 coa presenza da presidenta da Asociación dás Alfombras do Corpus de Bueu, Carmen Santos, ademais do alcalde da vila, Félix Juncal, acompañado por varios concelleiros.
O acto ao que asistiron numerosos veciños contou coa entrega de diplomas e de subvencións aos clubs e ás asociacións que participaron na confección de alfombras nesta edición.
A continuación, os menores de diversos colexios e colectivos recibiron unha medalla cos logos da Asociación, do Concello e da Deputación.
A presidenta da asociación agradeceu aos veciños o apoio que prestan para que esta tradición continúe crecendo mentres que o alcalde destacou o labor que realiza a Asociación dás Alfombras do Corpus para recuperar esta festa de gran atractivo.
Relacionadas:
-
As xornadas das alfombras florais de Bueu lembran a Maruja Mallo
Por Redacción |
-
As alfombras florais de Bueu chegan ao Vaticano
Por Redacción |
-
Bueu aproba solicitar a declaración de interese turístico de Galicia para as alfombras florais
Por Redacción |
-
As alfombras florais regresan a Bueu para o Corpus
Por Redacción |