A Cámara despide a Charo Lorenzo por "quiebra de la confianza" tras a condena por aceptación de suborno
Por Natalia Puga
A Cámara Oficial de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía despediu á ex secretaria xeral da extinta cámara pontevedresa e ata hai uns días responsable local da nova entidade, Charo Lorenzo. Non o fixo en cumprimento da sentenza condenatoria do Xulgado do Penal número 3 da capital polos delitos de negociacións prohibidas a funcionarios e suborno, pero si como consecuencia da mesma, pois se produciu unha "quiebra de la confianza".
O xerente da nova Cámara, José Manuel García, confirmou a PontevedraViva que se trata dunha decisión adoptada polo comité executivo da entidade cameral que nos últimos días se lle comunicou a Charo Lorenzo. Sempre hai posibilidade de que a afectada presente algún recurso, pero nestes momentos trátase dun cesamento en firme da relación laboral.
Charo Lorenzo recoñeceu no Xulgado do Penal que cometeu os delitos de negociacións prohibidas a funcionarios e suborno durante a súa etapa á fronte do ente cameral da capital antes da fusión con Vigo e Vilagarcía e conformouse cunha condena coa que se libra de entrar en prisión por estes delitos, pero non de pagar unha multa conxunta de 1.620 euros e de ter que afastarse de calquera posto de responsabilidade na entidade durante os próximos dous anos.
A sentenza imponlle seis meses de suspensión do cargo de secretaria xeral da Cámara e o pago dunha multa de tres meses a seis euros diarios -540 euros- polas negociacións prohibidas e a un ano de prisión, seis meses de multa a seis euros -1080 euros e un ano e seis meses de inhabilitación para cargo público polo delito de suborno. Esa suspensión e inhabilitación impide que sexa secretaria da Cámara ou asuma funcións desta natureza, pero non obrigaba ao despedimento, senón que podía seguir exercendo outras funcións na entidade. A pesar de todo, foi despedida.
Segundo explicou o xerente da Cámara, o comité executivo tivo en conta que Lorenzo cometeu eses delitos como responsable da entidade e, por tanto, xa non confían nela. Ante esa "quiebra de la confianza", decidiuse despedila, pero non para executar a sentenza, senón para o normal funcionamento da organización.
Relacionadas:
-
Condenan a prisión a Charo Lorenzo e ao empresario Manuel Cabada
Por Redacción |
-
O TSXG confirma o despedimento de Charo Lorenzo da Cámara de Comercio por quebra de confianza
Por Natalia Puga |
-
Expurgo de documentos na sede da Cámara de Comercio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Charo Lorenzo, de novo no xulgado. Demanda que a Cámara a indemnice por un salario de 7.939 euros ao mes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Suma e segue: unha nova causa xudicial investiga toda a contabilidade da Cámara de Comercio
Por Natalia Puga |
-
Charo Lorenzo recorre o seu despedimento da Cámara de Comercio
Por Natalia Puga |
-
As frontes xudiciais abertas copan o Pleno da Cámara de Comercio
Por Natalia Puga |
-
Charo Lorenzo e Gómez Rivera, a xuízo por despedir a tres traballadores da Cámara por represalias
Por Natalia Puga |
-
Charo Lorenzo recoñece que cometeu aceptación de suborno como secretaria da Cámara de Comercio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Charo Lorenzo, nomeada responsable da oficina cameral de Pontevedra
Por Redacción |